Cano dunha fonte / CC0

Foxen despois de esnaquizar parte da fonte de San Pedro en Santiago

Como recolle La Voz de Galicia, un vehículo non identificado bateu na madrugada do sábado contra a fonte do Cruceiro de San Pedro, no extremo da histórica rúa compostelá. A Policía Local, segundo recolle o medio, estaría aínda tratando de localizar ó vehículo, que causou danos ós peitorís que rodean a fonte e que deuse á fuga. Despois do suceso os bombeiros de Santiago acordoaron a zona e retiraron os bloques para garantir a seguridade dos peóns.

A fonte, que se atopa na rúa Cruz de San Pedro, moi preto do Cruceiro, entre a Costa do Vedor e a Corredoira das Fraguas, á beira da Tasquiña de San Pedro, forma parte do Ben de Interese Cultural, Casco Histórico de Santiago de Compostela, polo que é ademais Patrimonio da Humanidade. Así, será precisa a autorización de Patrimonio a través do Consorcio para a súa restauración, feito que atrasará a reposición ó seu estado primeiro. Esta zona da cidade histórica a diferencia da améndoa non conta con cámaras de seguridade para previr este tipo de sucesos.

En si a fonte, aínda que é sinxela, conserva unha gran tradición no histórico barrio compostelán, aparecendo en imaxes dende o século XIX. O lugar é unha zona onde o tráfico non está restrinxido e é de feito unha das rúas de saída dende a rúa de Concheiros. É ademais unha zona de bastante caos circulatorio pois a diario son moitos os vehículos paran ó carón do cruceiro para acceder ó histórico barrio. O lugar é ademais un espazo que precisa dunha certa actualización, xa que as obras do pavimento e beirarrúas, de chapacuña de lousa e granito local, respectivamente, remóntanse ó terceiro cuarto do século XX.

Costa do Vedor / barriodesanpedro.gal

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: