Casa do Mitreo en Lugo, antiga Lucus Augusti/ vilasamuralladas.eu

Lugo porá en valor un sumidoiro romano medio esquencido e atopado hai dez anos

O pasado xoves 15 de Febreiro a alcaldesa de Lugo Lara Méndez anunciaba nunha rolda de prensa a posta en valor do xacemento atopado no ano 2008 no solar da sala de exposicións de Porta Miñá. Tŕatase dun sumidoiro romano en moi bo estado de conservación, polo tanto, restos dun sistema de canalización de augas pertencente á ocupación romana durante a o Baixo Imperio (s. III-IV). O xacemento escavouse daquela e deixouse no seu día como semisoto, sen musealizar, cun acceso a través dunha baixada de formigón tapada cunha lousa.

Prevese o acondicionamento do lugar para facilitar a visita ó público. O xacemento será saneado, limpo e impermeabilizado contemplándose tamén unha solución de drenaxe, a modificación da entrada para facelo plenamente accesible e a instalación de iluminación. O lugar, que tería  unhas dimensións de 23 metros por 6 de ancho e 4 de altura, pasará a formar parte do patrimonio arqueolóxico visitable in situ da cidade, xunto á Casa dos Mosaicos, a Domus do Mitreo, as termas ou San Roque, así como outras catro ventanas arqueolóxicas na vía pública.

A intervención se integraría no programa expositivo da sala de Porta Miñá, antigo matadoiro da cidade deseñado por Antonio Palacios a comezos do século XX reconvertido, unha década atrás, en sala de exposición. A sala, centrada na romanización da cidade, exhibe unha importante colección de pezas arqueolóxicas atopadas no substrato da cidade, moitas delas de especial valor histórico. Ata a apertura do Museo Interactivo da Historia de Lugo era o gran centro de exhibición do Concello de Lugo.

Centro de Interpretación de Porta Miñá / Concello de Lugo

A posta en valor deste xacemento se enmarcará dentro do plan Muramiñae, que prevé ademais de outras, actuacións no barrio do Carme, cun orzamento duns 250.000 euros, destinadas a diferentes actuacións de coidado e posta en valor do patrimonio do barrio. Entre elas o Concello prevé posibles escavacións no lugar, preferentemente no antigo camiño do Regueiro dos Hortos, zona na que, segundo algúns arqueólogos, poderían atoparse o anfiteatro e palestra da cidade romana. O barrio, que acolle a Igrexa do Carme e o lugar onde teoricamente tería nacido San Froilan, é ademais a saída do Camiño de Santiago.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: