Covas de dona Urraca, no castelo de Salvaterra / Concello de Salvaterra

Mobilización social en Salvaterra para salvar as Covas de Dona Urraca

A asociación Lazoiro, en colaboración con outros colectivos, presenta no concello de Salvaterra de Miño 1.200 sinaturas en defensa das Covas de Dona Urraca, un espazo no que se quere construír un Museo do Viño tal e como xa contamos en HdG.

A iniciativa, impulsada pola Asociación Lazoiro en colaboración coa Sociedade Deportiva Condado, PSOE e BNG, iniciouse o pasado setembro de 2017 cando deron comezo as obras na parte inferior das “Minas”.

Esta entidade denuncia que as obras de musealización das “Minas” nacen entre o secretismo e falta de información xa que non se facilitou o proxecto ata unha vez comezadas as mesmas. Por outra banda, denuncian o excesivo gasto de 600.000 € nesta reforma, que, din, “contrasta cos mais de 240.000 € de fondos FEDER que xa se tiñan invertido na Casa do Conde para o Museo – exposición Casa do Viño e que nunca se chegou a poñer en uso”.

Ademais, critican que, enn ningún momento, o concello se puxo en contacto co movemento asociativo de Salvaterra nin cos partidos da oposición para falar do proxecto. “Dende Lazoiro, queremos deixar claro que non nos opoñemos á construción Museo do Viño, pero defendemos que a súa construción nas Minas carece de sentido xa que a Casa do Conde estaba destinada a ese propósito dende un inicio e se leva investido niso moito diñeiro público”, indican nun comunicado.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: