Pezas atopadas do galeón de Ribadeo / galeonderibadeo.com

Nace unha ruta para coñecer os galeóns, mercantes ou pesqueiros afundidos en Galicia

Galicia participará xunto con Reino Unido, Irlanda e Portugal nun novidoso proxecto para crear a primeira ruta de mergullo sustentable para descubrir patrimonio subacuático. Tratariase do proxecto europeo ‘Wildsea Europe‘, que permitirá conectar lugares de mergullo “de primeiro nivel” establecendo sinerxías cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía marítima.

‘Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route)‘, como se denomina, conta co apoio financeiro da Unión Europea, que achega os 375.000 euros do investimento para a súa posta en marcha e nace “para fortalecer a Europa como un destino sustentable de alta calidade que é capaz de crear unha identidade compartida baseada nos hábitats mariños e no amplo patrimonio subacuático do Atlántico”.

Postal da época na que amosa o afundimento de buques ingleses por parte de submarinos alemáns durante a Primeira Guerra Mundial

Abistamento de cetáceos

Tomando como fío condutor o turismo de mergullo, o proxecto permitirá, segundo explica a Xunta, combinalo con actividades náuticas que incluirán percorridos en kaiak polas rías galegas. Tamén se combinará co avistamento de cetáceos ou mesmo actividades para descubrir patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros mergullados nas profundidades.

“É unha perfecta oportunidade na que Galicia ofrecerá a súa personalidade e singularidade como destino e tamén a experiencia na posta en marcha de produtos vinculados ao mar, que poderán enriquecer este novo itinerario internacional”, destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro durante a rolda de prensa no Grove (Pontevedra).

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: