Pequeno Napoleón / ErikaWlittiebCC0

A vitoria galega sobre as tropas napoleónicas… Así é a festa histórica máis nova de Galicia

Cunha antigüidade de tan so dous anos celebrouse a pasada fin de semana a festa histórica de Galicia de máis recente nacemento. Falamos da II Feira Goiesca-Napoleónica de Santiago de Compostela, A Vitoria de Santiago, celebrada do 9 ó 11 de febreiro no casco histórico da cidade. Foi unha iniciativa da Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, conxuntamente coa Asociación de Veciños Compostela Vella e a colaboración do Concello de Santiago.

O obxectivo é dinamizar a zona monumental en datas de baixa intensidade para o comercio e a hostalería, así como facilitar ós veciños unhas xornadas festivas. Nela recreouse a expulsión da cidade do exército de Napoleón, coa histórica Batalla do Campo da Estrella, onde a División do Miño, capitaneada por Martín de la Carrera, enfrontárase ás tropas do Xeneral francés Maucune. Tamén se lembra ó Batallón Literario, nacido na Universidade de Santiago, que participou na liberación de Galicia, cunha ofrenda floral na Quintana.

II Festa Goiesca / Santiagoturismo

Así, durante os tres días nos que a cidade volveu ó ano 1808, a zona vella encheuse de postos de artesanía, alimentación, manufacturas, animación musical e teatral, recreacións bélicas e talleres para os cativos. A recreación napoleónica, incluíu un pregón, a lectura de presentación e a Ofrenda, seguida de pasarrúas teatrais a cargo das compañías Crispin D´olot e Mermicolion. Na praza do Obradoiro durante os tres días estivo instalado un campamento do exército francés que acabou sendo asaltado polas tropas españolas.

II Festa Goiesca / Santiagoturismo

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: