Torre da Penela / patrimoniogalego.gal

Mercan a Torre da Penela, de orixe medieval, por 40.000 euros

Tal e como publicábamos o pasado mes de febreiro estaba en venda unha das principais e máis descoñecidas torres da Costa da Morte. Trátase da Torre da Penela na localidade Riobó na parroquia de Silvarredonda do Concello de Cabana de Bergantiños, que atopou, por fin, un bo dono. A fortaleza, que ata vai pouco contaba con dúas torres, fai décadas que está en pleno estado de abandono. Precisamente por isto o pasado mes de febreiro o seu actual propietario, Álvaro Ozores Pedrosa, descendente dos antigos donos, decidiu finalmente sacala á venta. Mais dende o principio o Concello de Cabana de Bergantiños mostrou o seu interese por mercala.

Xa no 2009 o propio Concello mantivera contactos co propietario coa intención de chegar a un acordo tratando de adquirila ou de conseguir en todo caso unha cesión a 30 anos. Porén a cantidade ofrecida polo consistorio parecíalle insuficiente e ós propietarios decidiron sacala, por tanto, á venta libre. Mais foi nos pasados días cando se fixo público que o alcalde José Muíño e máis o albacea da familia José Manuel Pato chegaron finalmente a un acordo de venta por un importe de 40.000 €, a cantidade que leva anos ofrecendo o Concello, mediante un trato acordado o mércores 21 entre este e os propietarios.

Escudo da Penela / galipedia

Este acordo procede dos esforzos das dúas partes para conseguir que o ben finalmente fora público, xa que por moito tempo a venta estivo parada. A intervención do albacea debeu ser importante para selar o trato, así como a intervención do responsable provincial de Turismo y Cultura, Xosé Regueira, pois finalmente a familia Osorio cedeu e aceptou a proposta do consistorio encabezado polo popular José Muíño. Este declarou, finalmente, que esperan chegar a acordos para comezar unha rehabilitación antes de que remate este ano.

Mais esta é, precisamenete outra das partes máis difíciles, xa que o monumento declarado Ben de Interese Cultural precisa con urxencia de obras de rehabilitación que terá que afrontar o Concello antes de que ocorran novos danos na propiedade ou se veña definitivamente abaixo. Mais por parte do Concello se espera que o orzamento para a súa rehabilitación teña unha importante contribución tanto da Xunta de Galicia, ó ser BIC, como da Deputación da Coruña que xa investiu noutros importantes monumentos da zona. O certo é que aínda compre elaborar un proxecto de rehabilitación algo que se demorará aínda bastante no tempo. Para a Deputación o prezo da rehabilitacion estaría tasado en torno a uns 30.000 €.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: