Vista das Illas Cíes / Susana Costas

A guerra entre Feijóo e Caballero pon en perigo as candidaturas de Ferrol e da Ribeira Sacra na UNESCO

Dúas das grandes candidaturas galegas á patrimonio da humanidade pola UNESCO, Ferrol, cidade da ilustración e a Ribeira Sacra están en perigo por unha guerra política que libra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o rexedor de Vigo, Abel Caballero.

A candidatura do Parque Natural das Illas Atlánticas como patrimonio da humanidade da UNESCO impulsada pola Xunta, fronte a das Cíes, do Concello de Vigo, está detrás dun problema que trascende do local para converterse xa nun problema cultural de alta magnitude en Galicia, sobre todo, porque afecta a outras dúas candidaturas importantes e que están xa mellor situadas que as das Cíes.

O caso é que o presidente da Xunta aproveitou a inclusión da “súa” candidatura na primeira criba da UNESCO para volver atacar a candidatura das Cíes que propón o Concello de Vigo. “A candidatura da Xunta vaille ben a todos os concellos implicados; Bueu, Vilagarcía, Ribeira e Vigo”, dixo Feijóo tentando restarlle importancia á candidatura que só impulsa o concello vigués. “E se lle vai ben a todos os concellos, vainos ben a todos”, dixo.

Feijóo, na competición que mantén a Xunta con Vigo, anunciou este xoves que impulsará a candidatura do Parque das Illas Atlánticas tras pasar a primeira criba. Por iso, anunciou unha serie de actividades para potenciar a súa candidatura. Unhas actividades que anunciará a vindeira semana e que deixa en inferioridade de condicións ás outras dúas candidaturas galegas que xa están nesa fase tamén, e antes que a proposta pola Xunta.

Paixase da Ribeira Sacra / turismo.gal

Polémica localista

“E que vai facer por estas dúas candidaturas a Xunta porque semella que só está interesada na das Cíes pola competencia que manteñen vostede e Caballero?”, espetoulle un xornalistas do Galicia Confidencial ao presidente galego ao coñecer que a prioridade da Xunta é, agora, a do Parque Nacional das Illas Atlánticas. “A polémica xorde sempre coa mesma persoa”, dixo Feijóo en alusión ao rexedor vigués. En todo caso, non foi quen de suliñar nin resaltar o que a Xunta fará por impulsar tamén as outras dúas candidaturas; a de Ferrol e a da Ribeira Sacra.

E fiel ao seu guión cando se trata de Vigo, Feijóo insistiu en descualificar a candidatura impulsada desde este concello e suliñou que a del, a da Xunta, “é a real”, fronte a de Caballero que é a “ficticia”. “Só hai unha candidatura que foi admitida pola UNESCO e os vigueses verán isto pouco a pouco e o resto é facer ruído con algo que non existe porque non son posibles dúas candidaturas sobre o mesmo”, dixo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: