fbpx
Illa de Ons /isladeons.es

Ábrense novas incógnitas sobre o papel da illa de Ons na Guerra Civil

Tempo de lectura: 2 min.

O descubrimento dun proxectil de gran calibre da Guerra Civil na illa de Ons abriu novos interrogantes sobre o papel que tivo este territorio durante o conflito. Ata o de agora, non se tiña constancia de actividade bélica nesta zona pero o atopado no soto dunha vivenda abre novas incógnitas.

Ao comezo da Guerra Civil, o dono da illa era Didio Riobó, que foi buscado e perseguido polas súas fondas ideas republicanas. De feito, e a causa desta presión política, o burgués –cuxa familia adquira a illa en 1929 e impulsara unha gran actividade pesqueira– decidiu suicidarse na propia illa. Os habitantes de Ons, que o protexeran,  quedaron entón nunha situación de abandono, temendo polas súas propiedades, como así aconteceu en 1940 que o ditador Franco, a través do Ministerio da Guerra decidiu expropiar a illa.

Proxectil da Guerra Civil atopado no soto dunha vivenda da illa de Ons / Garda Civil

Por iso, o feito de atopar un proxectil destas características podería reabrir novas investigacións. Foron especialistas do Servizo de Desactivación de Artefactos Explosivos (Tedax) da Guardia Civil da Comandancia de Pontevedra os que recuperaron a bmba de uso militar da Guerra Civil española, no soto dunha vivenda en Ons. Segundo informou o Instituto Armado, un particular avisou que atopara o artefacto cando ía realizar labores de remodelación dunha vivenda, polo que se activou o protocolo de actuación dos Tedax con apoio do servizo marítimo.

Así, a pesar das malas condicións meteorolóxicas para a navegación, os efectivos desprazáronse á illa e, coas medidas de seguridade e protección correspondentes, retiraron e neutralizaron o proxectil. Trátase dun proxectil de artillaría de calibre 88 milímetros.

Pode que che interese...