As plantacións de eucaliptos son un dos maiores perigos aos que se enfronta o megalitismo galego / inter.rev.foroactivo.com
As plantacións de eucaliptos son un dos maiores perigos aos que se enfronta o megalitismo galego / inter.rev.foroactivo.com

As comunidades de montes piden que o patrimonio deixe de ser unha traba na xestión dos seus terreos

A Asociación Forestal de Galicia está a constatar a reiteración do problema nas reunións que mantén coas súas comunidades socias . Os comuneiros, preocupados polos problemas derivados de Patrimonio e pola escasa intervención da Xunta nos montes queimados

A Asociación Forestal de Galicia está a manter unha ronda de reunións de traballo coas comunidades de montes socias, uns encontros nos que se puxeron de manifesto as trabas cotiás que os montes veciñais atopan na súa xestión por parte das Administracións. “Un problema común represéntano as cargas derivadas do patrimonio arqueolóxico presente nos montes veciñais”, aseguran.

As comunidades de montes din que “están de acordo na importancia de conservar ese patrimonio”, pero advirten da carga que representa na actualidade. O”s continuos retrasos de Patrimonio á hora de autorizar actuacións nos montes con afeccións patrimoniais levan a que haxa comunidades de montes que teñan perdido no último ano subvencións para tratamentos silvícolas, ao non ter autorizacións en tempo para executar os traballos”, denuncian.

Agresión por unha plantación de eucaliptos no castro de Celeiro de Mariñaos, Barreiros / Mariña Patrimonio

Din que o problema é especialmente significativo na provincia de Pontevedra, con situacións problemáticas en concellos como Redondela ou Soutomaior, pero atinxe a toda a comunidade. As autorizacións para traballos no monte ou para executar cortas adoitan tardar máis de seis meses en Pontevedra no caso das áreas con patrimonio arqueolóxico, como pode ser a do monte Penide (Redondela, Pontevedra).

“A pesar de que a Administración ten comprometido solucións para este problema, polo de agora a situación continúa sen resolver”, engaden nun comunicado. A Asociación Forestal de Galicia ten solicitada unha reunión co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, para abordar o problema.

Os montes veciñais solicitan ademais a colaboración da Xunta na conservación das áreas patrimoniais, pois entenden que ao ser bens de interese xeral, a súa conservación é un asunto público. Cuestións como a sinalización dos bens patrimoniais ou o mantemento e roza do seu entorno deberían estar apoiados pola Administración.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: