fbpx
Mapa dos bens de Dodro / baixoulla.ospenoucos.gal

Coñece o mapa do patrimonio dos concellos do Baixo Ulla

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Cultural Os Penoucos vén de lanzar o Mapa do Patrimonio de Dodro, incluído dentro do proxecto colaborativo ‘Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla‘. Despois de presentar o Mapa do Patrimonio de Valga e o Mapa do Patrimonio de Pontecesures, agora preséntase o de Dodro como parte dun proxecto que “pretende valorizar e divulgar o patrimonio cultural e natural dos concellos que forman parte dun territorio claramente recoñecible, e que se dá en chamar Baixo Ulla”, explican os autores.

O Mapa do Patrimonio de Dodro intégrase dentro dunha aplicación webmapping na que se recolle a totalidade do patrimonio cultural e natural do concello. O usuario poderá navegar e desprazarse polo mapa, facer zoom, activar ou desactivar capas, así como escoller os mapas base. Ao pulsar sobre un punto, despregarase a ficha explicativa onde se describe o elemento, con acceso a información e imaxes deste.

Os mapas base dispoñibles son catro, que van desde a última fotografía aérea do PNOA, ata o voo americano de 1956-57. Deste xeito, pódense visualizar as diferenzas que sufriu o territorio nos últimos 60 anos. Máis na nova do xornal Galicia Confidencial.

Pode que che interese...