fbpx
Palla entrelazada / Frantisek_KrejciCC0 / Corozas
Palla entrelazada / Frantisek_KrejciCC0 / Corozas

Morre unha lenda viva da etnografía galega; o último fabricante de corozas

Tempo de lectura: 2 min.

Cando non existían os paraugas nin os chuvasqueiros, houbo un traxe tradicional que serviu para protexernos da incesante chuvia galega. Estes traxes artesanais feitos de palla chamouses tradicionalmente carozos, corozas, corazas ou simplemente traxe de palla. Consistía en talos secos de gramíneas ou xuncos, separados do gran e entrelazados de xeito impermeable. O carozo podía ser confeccionado tamén como diversas  pezas impermeables de protección que podían servir de apoio ó traxe tradicional, coma polainas, puchos ou ombreiros. Máis a labor de confeccionar estes traxes de palla, perfectamente tratados e entrelazados para conseguir a súa impermeabilidade, non foi en absoluto unha labor sinxela, e moitos artesáns dedicábanse tradicionalmente a confeccionalos e vendelos nas feiras.

Mais os tempos nos que os traxes de palla ou carozos foron útiles quedaron atrás vai moito tempo. De feito, segundo publicaba La Voz de Galicia o pasado día 6 deste mes de marzo, morría este domingo en Carballedo  (Chantada), Alejandro Regal Regal, o último fabricante de corozas da comarca e, seguramente, o último de Galicia. Alejandro tiña 88 anos e era un dos últimos artesáns que sabían como elaborar este traxe. O propio xornal xa entrevistara a Alejandro no ano 2008, deixando descritas nas súas páxinas as pautas máis singulares dun oficio dun oficio do que xa deran conta, a comezos do século pasado, os etnógrafos do Seminario de Estudos Galegos. Máis en La Voz de Galicia. 

Coroza na feira franca de Pontevedra _ Flikr

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...