Novas canles para non perder detalle das publicacións de HdG

Dende HdG somos conscientes de que o xeito no que chegamos á información, ou mellor dito, o xeito no que a información chega a nós xa non segue canles “tradicionais” e temos que ser quen de adaptarnos aos hábitos dos e das lectoras facilitando canles alternativas de comunicación que sexan sinxelas e directas.

Os cambios anunciados por Facebook, a nosa principal canle de difusión, dando prioridade á información do círculo máis próximo dos seus usuarios (familia e amizade), en detrimento das publicacións das páxinas, supuxo unha desconexión importante con HdG, e moita xente preguntounos cal era o motivo polo que xa non recibían noticias nosas. A resposta está neste mesmo parágrafo. Facebook e o seu algoritmo.

Dende a equipa técnica buscamos alternativas e logo dunha enquisa, abrimos novas canles de difusión que se adaptasen ás peticións dos nosos e as nosas lectoras.

E este é o resultado que imos sinalar para que a toma de decisión sexa a máis adecuada para cada un de vós.

1 – Activar as notificacións en FB con prioridade. Se non queredes variar o xeito no que interactuades e recibides a información en Facebook, existe unha opción que é a de habilitar todas as notificacións. Podedes facelo dende o teléfono móbil ou desde un ordenador.

Activar notificacións en Facebook

2 – Subscribirse ao novo  Grupo de Historia de Galicia en Facebook. O funcionamento é similar ao da nosa páxina de Facebook, salvo que neste caso sí son notificadas as novas publicacións. Ligazón ao grupo

3 – Nova canle en Telegram. Se prefires recibir unha mensaxe en Telegram cada vez que publicamos unha nova, sen medo a que te saturemos o teléfono, podes subscribirte á nosa canle en https://t.me/historiadegalicia e recibiredes un enlace de texto cunha vista previa da publicación.

Canle en Telegram de HdG

4 – Subscrición vía email. Esta opción xa forma parte da nosa web dende o seu comezo e podes atopar a caixiña de subscrición no lateral da web. Recibiredes un resumo de noticias no correo electrónico todos os días a primeira hora da mañá, para acompañar o voso almorzo cun pouco de lectura.

Subscrición por email

 

Escrito por

Equipo técnico de Historia de Galicia

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: