Cruceiro de Faxil, a punto de caer, en Barro / A Forneiriña

Outro cruceiro a punto de caer no Concello de Barro

No concello de Barro repitese unha vez mais o abandono e a ameaza permanente para a integridade de elementos do patrimonio cultural, neste caso tratase do cruceiro de Faxil situado na parroquia de Agudelo, que leva mais dun ano co varal torto sen que ninguen se faga cargo da sua restauración.

O colectivo pola defensa do patrimonio A FORNEIRIÑA presentou xa unha denuncia ante a Conselleria de Medio Rural, titular da parcela sobre a que está o cruceiro incluida no fondo de terras polo proxecto de concentración parcelaria. Tamén se puxo en coñecemento esta situación da Conselleria de Cultura.

A entidade critica a “deixación no patrimonio que veu facendo o concello tanto baixo o mandato do PP durante decadas como agora baixo o mandato do bipartio do BNG e PSOE”. De feito, non é a primeira vez que denuncia a situación dun cruceiro do concello. Durante mais de unha década, o cruceiro de Vilar, situado no lugar de Valbón, na parroquia de Agudelo, e ao caón do Camiño Portugués, estivo tamén nunha situación de grave risco para a súa integridade.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: