Novo acceso ó castro de A Cibdá en Borneiro / Íñigo M. Riobó

Polémica polo novo acceso ó castro da Cibdá ao utilizar formigón e non materiais tradicionais

Foi estreado en novembro, pero o novo acceso ó histórico castro A Cibdá de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, pasou por completo desapercibido ata hai uns poucos días. O seu salto mediático debeuse a un artigo publicado por La Voz de Galicia no que se recollía a polémica xurdida nas redes sociais sobre a conveniencia ou non dos materiais escollidos para esta nova obra. Foi ó parecer a crítica dun internauta na rede social Facebook ó formigón utilizado para desenrolar os chanzos o que trouxo a o debate sobre a conveniencia formal ou non da actuación, sempre segundo o xornal.

E é que a intervención, promovida pola Dirección Xeral de Patrimonio, na entrada inferior ó xacemento, a entrada “histórica”, consistiu na construción dunha escaleira de 35 chanzos e un camiños de lousas feitos do polémico material. A obra incluíu tamén no acondicionamento da pontella de madeira que cruza o Regato dos Muíños así como un pequeno acceso a xeito de beirarrúa de adoquíns de pedra dende o aparcadoiro. Pero hai voces que din que a funcionalidade da intervención é incuestionable advertindo que as críticas se centran na estética, e traendo as voces dos diferentes axentes implicados na execución.

Castro a Cibdá en Borneiro / keekeskeeCC0

Así, mentres que para o alcalde, José Muíño, o acabado non é tan importante coma a utilidade, para os críticos os chanzos deberían terse feito doutro material coma a madeira ou a pedra. Mais para arqueólogos e técnicos a importancia maior debe estar en evitar tanto que o novo material se mimetice co xacemento, polo que podería chegar a non ser recomendable a pedra, como evitar que co tempo se dane ou se volva esvaradío, argumento en contra destes materiais tradicionais. Tamén, como recolle o medio, o arquitecto técnico da intervención, Fernando Calvo, afirma que o formigón empregado non é un formigón convencional senón un cun acabado antracita, algo semellante a cor da mina dun lapis, e que, segundo este, está pensado para mimetizar co lugar. Máis en La Voz de Galicia.

Novo acceso ó castro de A Cibdá en Borneiro / Íñigo M. Riobó

 

 

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 15 Marzo 2018

    […] de Patrimonio no acceso ó castro A Cibdá na parroquia de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, tal e como xa contou HdG.  A intervención, entendida como acondicionamento dun acceso que ata este momento se facía coma […]

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: