fbpx
Dolmen de Dombate / turismo.gal

Tecnoloxía 3D para coñecer o estado de saúde do Dolmen de Dombate

Tempo de lectura: < 1 min.

Os catedráticos en Prehistoria da Universidad de Álcala de Henares, Rodrigo de Balbín e Primitiva Bueno, xunto co profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia, Fernando Carrera, participaron hai uns días na supervisión dos traballos de escaneado que se están a realizar sobre os gravados inscritos nas lousas do Dolmen de Dombate.

Un escaneado que serve para contribuir a ampliación do coñecemento sobre a xénese e a historia do dolmen. Os traballos de escaneado láser das lousas do monumento megalítico, coordinados polo enxeñeiro, Roberto Cabeceira, tamén permitirán valorar cal é o estado de conservación actual dos elementos que o integran.

Fernando Carrera con Rodrigo de Balbín e Primitiva Bueno no escaneado dixital do Dolmen de Dombate / QPC

A actuación reconstruirá dixitalmente unhas litografías que até o de agora non foran sometidas a un exhaustivo estudo. Unhas indagacións que si se realizaron sobre as pinturas prehistóricas presentes no conxunto arquitectónico. Neste sentido, os achadegos que deriven das investigacións actuais, serán incorporadas ao estudo realizado polo CSIC sobre as manifestacións pictóricas de Dombate.

Os traballos sobre o conxunto artístico fican escadrados dendro do proxecto de investigación “Rebuilding Megalithic memories”, unha iniciativa que está a ser financiada e coordinada pola Universidade de Álcala de Henares (UAH). Tirado do medio QPC.

Pode que che interese...