fbpx
Tríptico editado por A Gentalha

Un exemplo de como defender e divulgar os petróglifo de Compostela

Tempo de lectura: 3 min.

“Unha das manifestacións máis xenuinas da nosa arte prehistórica son os petroglifos galegos, un conxunto de gravados rupestres ó aire libre, cun simbolismo complexo e difícil de interpretar. Estudos arqueológicos apuntan a que o desenvolvimento dos petroglifos comezan na última fase do Megalitismo (3000 a.C.) (…) chegando ata o Bronce Final (1000 a.C.) (…). Moitos petroglifos están a desaparecer pola inexistente vontade da política de protexelos e de valorizalos e polas agresións constantes que sofren (…). Non queremos levalos á Cidade da Cultura nin encerralos nun pavillón. A nosa intención non é máis que promover unha nova relación con eles, que o pobo que os grabou se reconcilie con eles e os faga seus”.

A Ghentalla do Pichel leva moitos anos buscando, sinalando e divulgando os petroglifos do entorno da cidade de Santiago de Compostela.  Un patrimonio moi rico e completamente descoñecido ata vai tan só algo máis de unha década atrás. Neste tempo a asociación cultural atopou e sinalizou polo menos cinco grandes estacións líticas no entorno da capital de Galicia e segue empeñada nestes momentos a dalos a coñecer ós veciños. Vai algo máis de unha década dábase por certo que este tipo de arte prehistórico era cousa das Rías Baixas e de lugares illados de Galicia, pero a valentía da asocicación e o seu traballo serviu para revelarnos que o noso país está enchido de grabados neolíticos.

Petroglifo da Pedra que fala no tríptico

E é que a asociación social acaba de dar un paso máis na promoción e divulgación deste rico patrimonio na cidade, e nos últimos días editou un novo tríptico informativo, repartido de balde nos principais lugares culturais da cidade. O obxectivo é promover unha vez máis o coñecemento e a defensas destas pegadas do noso pasado, despois de que, ó longo de moitos anos, se fixera un traballo considerable na súa sinalización in situ. No tríptico se fai un repaso exhaustivo ás cinco grandes estacións atopadas na contorna da cidade, a súa descripción, imaxes e máis unha relación detallada de cómo atopalos.

Vista nocturna do petroglifo de Corregíns no tríptico

Estas cinco grandes estacións  son os conxuntos de petroglifos son as do monte Pedroso, o de Corregíns, na parroquia de Santa María de Figueiras, o Da Pedra que Fala, en San Xoan de Fecha, o do Castriño de Conxo, no lugar da Volta do Castro e o de Tras Igrexa, en Vilestro. Todos son da Idade do Bronce e a súa riqueza é comparable á de calquera dos grandes litos atopadas históricamente en Galicia. Hai dende cazoletas, círculos concéntricos, escultiformes e armas, e labirintos de distintos tipos. Tamén se sinalan outros dous conxuntos que a asociación aínda está a investigar, no monte de Silvouta en Roxos e máis no lugar da Portela en Vilestro.

Así, esta activa asociación social, con sede no barrio compostelán de Basquiños, estase a converter na gran defensora deste descoñecido patrimonio da cidade, tomando parte activa, por tanto, na súa divulgación. A asociación, que leva máis de dúas décadas organizando actividades abertas ós veciños nos seu local da rúa Espírito Santo, dende clases de idiomas, música, baile, artesanía, feminismo ou cine, estase a converter nun dos referentes da defensa cultural compostelana. Ademais desta intensa actividade “os petroglifos milenarios que rodean a capital de Galicia”, estanse a converter nunha das señas de identidade do traballo desta asociación.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...