Drone / kirahoffmannCC0

Un millón de euros para xeolocalizar todo o patrimonio arqueolóxico galego

Galicia e unha das rexións peninsulares con maior número de xacementos arqueolóxicos. Manter un certo control sobre tal cantidade de información é unha tarefa dura e complexa. Por isto, precisamente, o uso da tecnoloxía estase a converter nun elemento esencial no apoio da arqueoloxía. Un dos posibles usos desta tecnoloxía é a xeolocalización de xacementos, a través de fichas con fotos aéreas, cenitais e oblicuas, catalogadas en relación a mapas intelixentes. Este é o obxectivo da Xunta ó sacar este pasado 1 de marzo a concurso a contratación dun servizo de xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos coñecidos en Galicia. En total, máis dun millón de euros.

A convocatoria foi publicado no DOGA do 7 de marzo, abrindo “un procedemento  de pluralidade e contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada” para a prestación deste servizo. O traballo distribuirase en 25 lotes, que se poden presentar por separado, 8 na provincia da Coruña, 7 na de Lugo, 5 en Ourense e 6 en Pontevedra. O prazo de execución será de 5 meses e cóntase cun orzamento de 1,1 millóns de euros, esixíndose ás empresas en concurso solvencia económica e técnica. Os pregos da convocatoria, aberta ata o día 9 de abril, pódense consultar en www.contratosdegalicia.gal

O obxectivo, segundo a propia Xunta é ter, antes de que remate o ano, unha listaxe dixitalizada e xeolocalizada de todos os xacementos arqueolóxicos coñecidos ata o momento na Comunidade. Isto é dende castros, dolmens, mámoas, petroglifos, arte rupestre ou xacementos romanos, entre outros. Trátase de garantir unha mellor protección, así como, moi probablemente, ter una delimitación concretada de antemán para o desenrolo de planeamentos, infraestruturas, labores agrarias e talas forestais.

Fotografía aérea mediante voo dron do castro de Formigueiros / Franco

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: