Pintura de Granell / Fundación Granell

Volve a figura de Eugenio Granell, un dos grandes xenios da vangarda pictórica galega

A fundación Eugenio Granell presentou o pasado martes o libro Eugenio Granell. Un hereje contemporáneo, escrita polo historiador Carlos Arias. O libro, unha biografía do artista, pretende achegar ó gran público a vida do pintor, fotógrafo, escultor e profesor de literatura, un dos grandes xenios da vangarda pictórica galega. O evento, nas salas da propia fundación, na praza do Toural, contou coa colaboración musical de Orestes Reyes, e coa presencia de personalidade do ámbito cultural da cidade.

Mais o libro é, en realidade, a tradución ó castelán dun texto xa publicado pola Xunta de Galicia en 2005. A obra, que xa tivera un gran éxito no seu momento, foi presentado en numerosos actos, promovendo a figura do polifacético artista e dando a coñecer aspectos del ata o momento descoñecidos. A obra, traducida agora ó castelán, e editada pola Fundación Eugenio Granell, servirá para relanzar a figura o artista dentro do ámbito castelanofalante, en España e fora. Granell nacera na Coruña en 1912 e finou en Madrid o 25 de outubro de 2001. Foi un dos grandes xenios da pintura galega.

Autorretrato / Fundación Granell

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: