fbpx
Antiga mina de caolín de Laxe / laxe.net

As minas, un negocio para potenciar o turismo industrial

Tempo de lectura: < 1 min.

Despois de coñecer o acordo ente Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe pola recuperación o legado mineiro e xeolóxico da vila laxeira, o Concello dá máis pistas da súa aposta. Durante esta primavera científica e cultural, enmarcada no ambicioso programa Reláxese, Laxe tamén quere promover o seu Turismo Industrial.

Para iso, as minas de caolín desta localidade volverán ser protagonistas. Serán nun ciclo que terá lugar o 15 e 16 de xuño, con conferencias, presentación de documentais e visitas guiadas.

Antiga mina de caolín de Laxe / QPC

Así, o vindeiro venres 15 de xuño, ás 20:00 da tarde, haberá unha mesa redonda con Jorge Fernández Suárez, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, Juan Ramón Vidal Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, e Juan José López, director de Caolines de Vimianzo. Levará por título “A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico”.

Ó día seguinte, sábado 16, ás 10:00h, está prevista unha excursión ós vestixios da mina de caolín de Laxe. A continuación terá lugar unha visita ó proceso produtivo de caolíns de Vimianzo. A inscrición previa é imprescindible, e pode formalizarse dende a páxina web oficial www.concellodelaxe.com.