fbpx
Mulleres con cestas no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia

Así se recuperou o Banquete de Conxo 163 anos despois, cos políticos servindo ós veciños

  • IMG_8708bp
    Recital poético no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8709bp
    Mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8711bp
    Adro do mosteiro de Conxo durante a celebración do Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8715bp
    Recital poético no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8724bp
    Un ferreiro no mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8729bp
    Xogos tradicionais no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8732bp
    Xogos tradicionais no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8735bp
    Mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8737bp
    Mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8743bp
    Senda peonil á beira do Sar no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8747bp
    Mulleres con cestas no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8749bp
    Mulleres con cestas no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8750bp
    A Carballeira no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8762bp
    A Carballeira no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8769bp
    A Carballeira no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
  • IMG_8704bp
    Muller vestida de época no Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia
Tempo de lectura: 4 min.

Un banquete, no interior dunha carballeira preto do mosteiro de Conxo, organizada por eruditos e estudantes dunha clase privilexiada. Mais á comida foron invitadas persoas de todos os estamentos de Santiago, patróns e obreiros d e autoridades culturais do momento Entre eles Luís Rodríguez Seoane, Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro. Todos eles foron sentados á mesma mesa e foron os estudantes, aquela clase privilexiada, quenes vestidos de etiqueta serviron a cea a operarios e patróns. Foi o 2 de marzo de 1856 no antigo concello de Conxo.

Tal e como informamos o pasado sábado, isto foi o que se conmemorou esta fin de semana no barrio compostelán, ó pé do mosteiro e no fondo da carballeira. Pois este pasado marzo fixéronse exactamente 163 anos daquel histórico acontecemento e dous da publicación do libro Os últimos carballos do Banquete de Conxo, da editora Alvarellos. Agora o Concello quixo chegar máis alá e revivir aquel feito histórico cunha serie de celebracións conmemorativas no barrio compostelán, aproveitando a inauguración dunha senda peonil polo Sar que atravesa o que resta daquela histórica carballeira.

Entre os actos, na praza de Aureliano Aguirre, diante do Mosteiro de Conxo, e máis no fondo da antiga carballeira houbo actuacións coma a de Noe Black & The Bang Band, Ukestra do Medio ou Fanfarria Tiquicardia, ou concertos da Banda Municipal de Música de Santiago, da Coral do Psiquiátrico de Conxo e da Coral de Solfa. Tamén se fixo un mercado do libro e de artesanía, e unha retrospectiva divulgativa do feito cunha mesa redonda dirixida por Marcos Lourenzo. Tamén actividades para nenos dúas visitas guiadas ó bosque conducidas por Henrique Alvarellos, así como e unha festa da poesía conducida por María Lado.

Mais destacou, sobre todo, o desfile teatral dende o centro de Santiago ata Conxo, a recreación do Banquete, ambos representados por Os Quinquilláns, e un xantar e romaría popular seguido dunha foliada tradicional. Neste xantar produciuse un feito insólito que encheu de sentido e de simbolismo toda a conmemoración, xa que foron os políticos da corporación municipal de Santiago, entre eles o alcalde Martiño Noriega, de En Marea, quenes serviron ós veciños, invitando a café e a outros produtos polas mesas. Todo foi nun radiante día de primavera colmado de sol.

Mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Recital poético no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Un ferreiro no mercado de artesanía no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Xogos tradicionais no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Xogos tradicionais no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Recital poético no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Senda peonil á beira do Sar no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Mulleres con cestas no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Mulleres con cestas no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

A Carballeira no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

A Carballeira no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

A Carballeira no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Muller vestida de época no Banquete de Conxo / foto Íñigo M. Riobó

Pode que che interese...