Detalle da páxina web das xornadas / xornadasceramica.eu

Así foron as xornadas que analizaron o esplendor ceramista de Lucus Augusti

A cerámica do antigo Lucus Augusti era coñecida en boa parte da Península, dende o noroeste ata o Ebro e de Portugal á Meseta. Lucus tivo daquela, por tanto, un papel protagonista no noroeste peninsular pois foi un dos grandes centros de produción de cerámica entre os séculos I e V. De feito, nas escavacións arqueolóxica desenvolvidas na cidade ó longo dos últimos trinta anos, chegaron a documentarse ata máis de 40 fornos así como unha cantidade imnuerable de alfares. Coa cerámica producida en Lugo, na súa maioría de engobe vermello, chégase comerciar en lugares tan afastados coma o País Vasco ou ó sur do Douro.

Logo das Xornadas / xornadasceramica.eu

Precisamente por este excepcional motivo, coñecido dende vai tempo polos expertos, e co gallo das conmemoracións do Ano do Patrimonio Cultural, celebrouse en Lugo un dos maiores congresos de España sobre arqueoloxía cerámica. Foron as Xornadas Internacionais de Cerámica Antiga no Noroeste Peninsular, celebradas entre os días 26 e o 28 de abril no auditorio do Cárcere Vello de Lugo. A organización correu a cargo do Concello e o obxectivo foi converter durante eses días á cidade en referente do estudo e difusión deste importante documento material.

De feito, segundo o Concello, pode considerarse o primeiro congreso desta entidade e dimensións que se celebra en Galicia. Nel participaron ata 23 expertos de gran renome mundial en ata 17 conferencias, mesas redondas e seminarios. Houbo tamén visitas guiadas polos museos municipais e unha visita cultural á muralla de Lugo. Ademais as xornadas contaron coa colaboración das universidades de Santiago e de Vigo, por medio da Facultades de Historia de ambas. O congreso contou tamén co aval científico da Sociedade de Estudos da Cerámica Antiga en Hispania (SECAH).

Entre os poñentes figuraron nomes como Pedro C. Carvalho, profesor da Universidade de Coimbra, Rui Manuel Lopes de Sousa Morais, profesor da Universidade do Porto, Carmen Fernández Ochoa, catedrática de Arqueoloxía na Universidade Autónoma de Madrid, Ángel Morillo Cerdán, catedrático de Arqueoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Tamén se contou con Carmen Aguarod Otal, xefa do Servicio de Cultura do Concello de Zaragoza, pertencente ao Consello Internacional de Museos (ICOM), María Pilar Sáenz Preciado, profesora da Universidade Internacional da Rioxa, xunto con  outros profesionais das universidades de Oviedo, País Vasco, e por suposto das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, coma o doutor en arqueoloxía da USC Mario César Vila.

Montaxe fotográficos con varios ponentes / facebook.com

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: