Venda de porquiños na feira de Betanzos / Anderson - Galicia Agraria

Como cambiou a economía galega nos últimos 50 anos

Como foi a demografía, a formación  ou o emprego en Galicia nos últimos 50 anos?. A isto tentará responder o Congreso ‘50 Anos de Economía en Galicia’, unha das grandes citas do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha destes estudos, precisamente na USC.

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle este xoves 12 e o venres este congreso que contará coa achega de especialistas tanto do ámbito académico como do profesional. Analizaranse tamén algúns dos sectores de maior relevancia de Galicia,así como os cambios experimentados nas organizacións empresariais ou no sector público e en Europa.

“Dende a Facultade queremos dar a coñecer á sociedade a importancia que para o desenvolvemento da sociedade teñen os nosos estudos, e pensamos que a mellor forma é mostrar, con exposicións de distintas temáticas, cal é a situación actual da economía galega e a súa evolución nos últimos anos”, apunta a decana, Emilia Vázquez Rozas.

O encontro inaugurarase este xoves ás 9:30 horas nun acto que preside o reitor Juan Viaño e no que tamén participan a decana do centro e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

Cambios na condición de vida

Na primeira xornada, as mesas abordarán distintas temáticas como a nova organización empresarial, as mudanzas sobre a poboación e as condicións de vida, a formación universitaria, os cambios no sector industrial, as dinámicas no sector pesqueiro, os principais indicadores económicos de Galicia e os recursos enerxéticos e mineiros.

Xa o venres 13, o congreso tratará o mercado de traballo, os sectores agrario e forestal, o turismo como fonte de riqueza, os servizos financeiros e os cambios na banca, o gasto público e a situación de Galicia en España e na UE.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: