As xustas son outro dos elementos a destacar da festa _ GobbleGGCC0

Como se fai e se promociona unha festa de recreación histórica

O Concello de Ribadavia acolle esta fin de semana a Asamblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH), da que forman parte varias celebracións galegas como a Festa da Istoria ou o Arde Lvcvs, entre outros. Unha xuntanza que pretende compartir experiencias para mellorar a realización e a promoción deste tipo de eventos festivos.

Ao longo da xornada desete sábado tiveron lugar distintas reunións propias da asamblea, onde, ademais dos temas ordinarios da xestión da asociación española, se formalizou a incorporación de nove festas, que pasarán a ser membros da AEFRH. Así mesmo, no encontro trabllallouse sobre as actividades, publicacións, asistencias a eventos e novos obxectivos a curto prazo para este coletivo.

Tamén se presentou o novo vídeo promocional elaborado con fragmentos de vídeos de todas as festas para a promoción en feiras e eventos turísticos, tanto en territorio nacional como europeo a través das actividades da Confederación Europea e Manifestacións Históricas, á que pertence a AEFRH, exercendo a presidencia por un período de tres anos. De feito, Lugo foi no ano 2016 a primeira cidade española que acolleu a asamblea da Confederación Europea.

Xuntanza da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en Ribadavia

A AEFRH realiza estas reunións nas distintas localidades ás que pertencen as festas asociadas, co obxectivo de que todos elas teñan a oportunidade de amosar a riqueza e historia de cada lugar. En torno a un centenar de persoas, pertencentes a 26 recreacións históricas qu xa forman parte da AERFRH participaron neste encontro, que se completa cun programa paralelo de actividades para coñecer a localidade e o seus recursos turísticos. Ademais, programáronse outras actividades teatralizadas para difundir e promover a Festa da Istoria.  

21 festas e cidades asociadas

Na actualidade a AEFRH está formada por: Arde Lucus de Lugo, Astures e Romanos de Astorga (León), Carthagineses e Romanos de Cartaxena (Rexión de Murcia), Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia (Ourense), Guerras Cántabras de Currais de Buelna (Cantabria), Mercaforum de Calahorra (A Rioxa), Vodas de Isabel de Segura de Teruel, Festa da Istoria de Ribadavia (Ourense), Xustas Medievais do Passo Honroso de Hospital de Órbigo (León), Exconxuraos de Llanera (Asturias), Semana Medieval de Estella (Navarra), Semana Renacentista de Medina del Campo (Valladolid), O Regreso do Comendador de Mas de las Matas (Teruel), O Cronicón de Oña (Burgos), O Sinodal de Aguilafuente (Segovia), Lakuerter Ibera de Andorra (Teruel), As Alfonsadas de Calatayud (Zaragoza), Feiras Íbero Romanas de Cástulo, de Linares (Xaén), Reino de Nájera, ( Nájera- A Rioxa), Homenaxe a Guillem de Mont- Rodón, (Monzón), Fin de Semana Cidiano, (Burgos).

Este ano incorpóranse Iberfesta Olocau, (Valencia), Festival Templario de Jerez de los Caballeros, (Badaxoz), Festival Medieval Vila de Alburquerque, (Badaxoz), Privilexio da Vara de Noja, (Cantabria) e Festival Ducal de Pastrana, (Guadalaxara).

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: