fbpx
Arsenal de Ferrol / foto hwi62CC0

O Museo da Construción Naval de Ferrol abre as portas á súa maior ampliación

Tempo de lectura: < 1 min.

Exponav, o museo sobre a construción naval de Ferrol, segue a ampliarse. Se tal e como contábamos vai unhas semanas o museo estaba a engadir pezas como dous novos canóns do século XVIII, agora, nos últimos días, a apertura dunha nova sala abre as portas á que será a maior ampliación do museo, e que o converterá, aínda máis se cabe, nun dos referentes do mundo da navegación en España. O obxectivo será ocupar o primeiro andar enteiro do actual edificio. Para isto, no día de onte, foi inaugurada unha nova sala dedicada ó mundo da construción naval entre 1909 e 1939. Agárdase que o andar completo estea rematado no mes de xullo.

Exponav, o Museo da Construción Naval de Ferrol, é un dos máis singulares e máis descoñecidos museos de Galicia. O museo e fundación, localizados en pleno corazón do Arsenal histórico de Ferrol conta, non so cunha localización inmellorable, senón cunha colección única sobre a historia da cidade e máis sobre o mundo naval. O museo está aloxado no edificio Blacksmith, ou Ferrerías, un dos edificios principais do Arsenal do século XVIII, e é considerado polos expertos un dos museos navais máis importantes de Europa. O museo inaugurado no ano 2008, e de máis de 4.000 metros cadrados, continúa a sumar diversas pezas e diversas salas, como reflicte a completa nova recollida no día de hoxe en La Voz de Galicia.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...