Ribeira Sacra / foto locuigCC0

O PSdeG leva ao Parlamento as alegación da declaración de BIC da Ribeira Sacra

A necesidade de ampliar “polo menos, dous meses máis” o período de alegacións previo á declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC) chegará ao Parlamento galego da man do deputado socialista José Antonio Quiroga, quen xa rexistrou iniciativas parlamentarias neste senso.

O PSdeG asume, deste xeito, a petición de “moitos colectivos e veciños” da zona, que demandan “coñecer os detalles e implicacións” que terá a declaración BIC –paso necesario para presentar a candidatura a Patrimonio da Humanidade– nas súas casas ou nos seus viñedos.

“Se a repercusión da posible inclusión da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade é importante para a zona, non menos importante é o feito de que a poboación local estea a favor e sexa un axente dinamizador positivo”, recalcou o deputado socialista, convencido da relevancia do “consenso” en torno a esta figura.

En paralelo, chamou a debater “con algo máis de serenidade e tempo” a inclusión de máis bens patrimoniais dentro do BIC, como o ‘Folión de Carros de Chantada’, que xa conta coa declaración de interese turístico.

Ademais, José Antonio Quiroga recordou que na planimetría da zona “detectáronse numerosos erros”, tanto de ubicación coma de toponimia, que “é necesario correxir”. A modo de exemplo, citou que non aparece reflexado o lugar que lle corresponde a San Pedro de Cela, un xacemento alto medieval e posible eremetorio.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 3 Abril 2018

    […] tanta a incerteza que este expediente causou entre entidades, empresas e veciños da zona que o PSdeG xa propuxo a necesidade de ampliar “polo menos, dous meses máis” o período de alegacións previo á declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural […]

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: