fbpx
Un cruceiro / foto makuninCC0

Os roubos e o tráfico ameazan os cruceiros da Costa da Morte

Tempo de lectura: 2 min.

Dende fai algo máis dunha década a Costa da Morte sofre un dos peores estragos patrimoniais posibles, a destrución e roubo dos seus cruceiros. O obxectivo, durante a gran vaga de roubos da década pasada, era vender as pezas escultóricas, algunhas delas de gran antigüidade e valor, no mercado negro. Moitos acabaron decorando os xardíns das vivendas das grandes áreas metropolitanas de Galicia e outros pasaron a mercados máis escuros sendo seguramente irrecuperables.

Mais a vaga de roubos é preciso engadir outros males. O tráfico rodado é un deles, así como a presencia de guindastres para traballos diversos que, nun ou noutro caso, acaban batendo cos cruceiros e esnaquizándoos. Moitos cruceiros preto das estradas sufriron xa o encontro con algún vehículo e outros como o de Romelle en Zas aínda se atopan especialmente expostos a pesares de estar protexidos con boiardos. Mais xa sexa por roubo ou por accidente moitos cruceiros da Costa da Morte atópanse aínda estragados.

Porén tal e como recolleu a edición local de La Voz de Galicia de Carballo o pasado venres moitos de eles están tamén a ser restaurados. No artigo, o xornal analiza o proceso de recuperación  dalgúns dos máis importantes cruceiros do entorno de Vimianzo. No artigo analízanse varios cruceiros de zona soneiresa, xallesa e bergantiñá da Costa da Morte e o estado especialmente fráxil deste patrimonio. Sen embargo mentres algúns se están a recuperar, polo xeral repoñendo as pezas escultóricas ex novo, moitos fican aínda quebrados e descabezados como monumentos vivos da atrocidade cultural que viviu esta zona de Galicia.

Un cruceiro roubado, neste caso en Parada, en Lalín / foto Daniel García Alén

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...