fbpx
Pedra da Serpe, en Ponteceso / megaliticia.blogspot.com

Ponteceso utilizará os cartos do canon eólico para investir en patrimonio

Tempo de lectura: < 1 min.

O Fondo de Compensación Ambiental (FCA) é unha partida orzamentaria que reciben os concellos que contan con estes parques eólicos, o chamado “canon eólico”, que vai en función do número de aeroxeradores e/ou explotacións que posúan no seu territorio, que soe estar destinado á recuperación e posta en valor medioambiental de espazos naturais.

Estes cartos son utilizados directamente polos concellos de forma discreccional; moitos ban para actuacións urbanísticas. Pero, e outros, os menos, para actividades culturais. Iso é o que acaba de facer o Concello de Ponteceso. Cos 110.000€ que recibe polas eólicas vai realizar actuacións de conservación e posta en valor de espazos como as contornas da Pedra da Serpe ou do Faro de Brantuas.

O ano pasado, a metade dos 110.000€ foron empregados para a contratación dunha cuadrilla medioambiental de 9 persoas encargada de realizar, durante os meses de maio, xuño, xullo e agosto, traballos de limpeza e mantemento en paseos marítimos, fontes, lavadoiros, contornas de elementos patrimoniais de interese e praias para a súa posta en valor.

Ademais, e tal como recolle o xornal QPC, parte do diñeiro utiizouse para adquirir dous vehículos híbridos, postos a disposición da Concellería de Medio Ambiente e da Brigada Municipal de Obras, para facilitar os labores de conservación e mantemento da contorna en todo o termo municipal. O diñeiro sobrante foi destinado á compra de maquinaria (un corta-céspede, motoserras, un dumper e ferramenta) para equipar aos traballadores co material necesario para o desempeño das súas funcións.

Pode que che interese...