Cimborrio en 1954, na revista Tierras Hispánicas / foto Sobredos

A Catedral de Santiago recupera o seu esplendor gótico coa redescuberta do cimborrio

A rehabilitación da catedral de Santiago segue dando sorpresas ó mesmo tempo que espíndose das estadas que a cobren. Se nas pasadas semanas eran as fiestras da fachada do Obradoiro as que deixaban ver a súa nova vestimenta despois da retirada de parte das estadas, esta semana foi a quenda do Cimborrio. Nesta ocasión o equipo de rehabilitación da catedral recuperou e mostrou a mellor cara deste elemento levantado en época románica, continuado en época gótica e cunha cúpula e remate barroco.

A intervención neste elemento deixa importantes novidades. A primeira delas e máis agardada a recuperación e impermeabilización do elemento, evitando que entren humidades ós frescos do interior, por outra banda, a posibilidade, ata o de agora imposible, de acceder á lanterna, a cupuliña por riba da cúpula maior, e por último e máis destacado a sorprendente recuperación dos parteluces dos vans góticos do tambor da cúpula, ata ese momento desaparecidos e enmascarados nunha imaxe decimonónica.

Un dos debuxos de Vega y Verdugo da catedral, onde se descaca o seu cimborrio

Con isto a catedral recupera dun xeito sorprendente un elemento singular, as vans oxivais que entran a luz no cruceiro de naves, ó tempo que unha estrutura dun dos estilos menos presentes na catedral compostelá como é o gótico. Mais con este novo espir da catedral o equipo de rehabilitación presentou outros achados, un acceso aínda máis elevado que o actual á tribuna do Pórtico da Gloria, ó pé do gran rosetón, ó que se accede por unha angosta escaleira, e tres novas esculturas do coro pétreo do Mestre Mateo achadas na cripta occidental. A nova recollida en La Voz de Galicia, aludía ao adianto que facía a empresa neste medio un mes atrás.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: