Recreación dunha batalla entre romanos e britanos / arrecaballo.es

“Roma é a disciplina, o control, fronte a idea romántica de independencia dos castrexos”

Un debuxo do ilustrador Miguel Fernández

Miguel Fernández é ilustrador. Nado en Baralla estudou deseño gráfico na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, de Lugo, ademais de realización de audiovisuais na Escuela Superior de Imagen y Sonido CES (Madrid), e cinema de animación e debuxos animados na ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual da Comunidad de Madrid). Colaborou na realización da curtametraxe de animación en 2D Teatro mágico. Traballou para Animagic Studio nos filmes Los tres Reyes Magos, O Cid e Jester Till.

No ano 2004 acadou o premio ao mellor cómic de xénero negro na sexta edición do Festival Internacional de Cinema Negre de Manresa (Fecinema), pola obra ‘Yo no trabajo gratis’. Publicou en 2010 a novela gráfica Mamed Casanova: O fillo da Furia (con Manolo López Poy, en Demo Editorial), que sería traducida a castelán o ano seguinte baixo o título de ‘El hijo de la ira’ (Diábolo Ediciones/Demo Editorial). En 2013, ‘Os días do cometa’ foi unha nova colaboración dos dous autores, tamén en Demo Editorial, e en 2014 publicaron xuntos ‘A las cinco de la tarde’ (Diábolo Ediciones, con versión en castelán, italiano e alemán). Como tándem creativo teñen colaborado tamén coa revista de fantasía Cthulhu (Diábolo Ediciones).

Este sábado, de 11.00 a 13.00 horas, Miguel Fernández impartirá un obradoiro para adultos no MILH de Lugo para aprender a debuxar romanos e xente dos castros. Será dentro do I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia. Os e as interesadas teñen que inscribirse no 010 se son de Lugo ou a través do teléfono 982297150 para os de fóra de Lugo. Tamén este venres, ás 20.30 horas terá lugar unha charla sobre “Roma na banda deseñada” do fundador da primeira librería galega especializada neste xénero, Xosé Barreiro, “Pío.

Xogas na casa. Un lucense falando de castrexos e romanos en Lugo. Como abordas o obradoiro deste sábado?

Con certo sentimento de propiedade ou conciencia de remexer no patrimonio común de tódolos lucenses, tamén con ilusión e desexando que o que eu poida dicir e facer non caia en saco roto e realmente lle poida servir a alguén.

Que dirías que caracteriza aos castrexos e aos romanos en banda deseñada?

Todo o relaccionado co mundo dos romanos sempre leva implícito certa épica e solemnidade e así sale retratado na maioría dos títulos publicados en banda deseñada. No mundo dos castrexos realmente non temos moitos referentes e quizais a xente tende a asocialo con certa nostalxia de pobos irreductibles coma a aldea céltica gala retratada en “ Asterix”.

Poderíase establecer a idea de que os romanos representan a civilización, a orde establecida, a disciplina, a modernidade, o control, a pérdida de identidade en favor de un ben maior(Roma) fronte a idea romántica de independencia e indivualidade dos castrexos.

En Lugo, camiño do segundo tomo da Espada de San Eufrasio do ilustrador Miguel Fernández

Ti estudaches na escola Ramón Falcón de Lugo. Son importantes as escolas de arte en Galicia para o futuro dos ilustradores?

As escolas de arte son fundamentais para a formación de futuros ilustradores. Se non existiran habería que inventalas. Responden a unha demanda moi concreta. Non toda a xente que está en belas Artes termina sendo ilustrador/a. Moitos ilustradores, eu incluído quedaríamos fora.

Como ves as novas xeracións?

Moito máis encamiñadas a o mundo dixital e das tecnoloxías. Todo vai cambiando moi rápido e o perfil dos ilustradores tamén.

No segundo capítulo da Espada de San Eufrasio, do ilustrador Miguel Fernández, hai bestas perigosas… de duas e de catro patas.

E cres que hai futuro no cómic histórico?

Sempre estivo ahí e seguirá estando. En Francia tódolos anos se editan traballos de éste xénero. Foi aquí en España onde a partir dos anos 70 mais ou menos cando se abandonou o interese por éste xénero que tantas posibilidades ten. Máxime en Galicia onde temos un patrimonio tan rico e evocador.

Ti tamén te tes adentrado no cómic negro. De feito tes sido premiado por iso. Que diferencia á banda deseñada histórica da historia negra?

Manel Craneo o outro día viña a dicir que é tan histórico o que pasou hai dez anos como o que pasou hai 10 seculos. O mesmo tempo, o que pasou hai séculos tamén pode ser moi negro como se mostra en películas coma “El nombre de la Rosa” de Jean Jacques Annaud. Eu non creo nos xéneros creo, nas boas historias. Para min o máis importante é a motivación cando abarco un proxecto. Son horas, días, meses de traballo como para meterme nunha historia na que non creo . Eu prefiro abarcar historias nas que creo firmemente.

E como ves o panorama galego da banda deseñada?

Difícil pero non imposible.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: