Os días afogados, detalle do cartaz do filme

Cando as aldeas do Parque Natural do Xurés quedaron asolagados polo encoro de lindoso

Foi en 1992 cando a construción de un embalse no río Limia na fronteira entre Portugal e Galicia asolagou, unha vez máis, a vida de varias aldeas de Galicia. A construción do encoro de Lindoso anegou para sempre as localidades de Aceredo y Buscalque no concello de Lobios na Baixa Limia. Se ben os seus habitantes non puideron facer nada para salvar fogares e terras, si tiveron o valor de coller as súas cámaras de vídeo doméstico. Gravaron como pouco a pouco as vilas dos seus antergos ían quedando pouco a pouco baixo as augas.

Hoxe, esas imaxes son todo un patrimonio audiovisual das vivencias dos veciños. Gravadas dende mediados da década de 1960 ata finais da de 1990, constitúen un documento único, non so de como o encoro foi anegando os fogares senón da relación intensa entre as vivencias persoais dos veciños, as súas inquedanzas e loitas, e o plano do poder, da industria e da economía. Un documento cargado da emotividade de quenes viviron aquel momento, reelaborado coma un obxecto atopado polos directores do filme. Un documento único dende un punto de vista histórico, cultural, antropolóxico e etnográfico.

Os días afogados, así se chama este singular filme de César Souto Vilanova e Luis Avilés Barquero, producido e distribuído por Amanita Films. O filme de 87 minutos de xénero documental e que moitos clasifican como novo cine galego, conta coa música de Ramón Orencio e Fabio González, o guión dos dous directores e máis de Cristina Liz Graña, e a sensacional fotografía de David Rodríguez Muñiz e, por suposto, dos veciños. O filme conseguiu en 2016 o Mestre Mateo ó mellor documental tendo moi boa acollida en diferentes festivais de España e Francia.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: