Visitas durante a escavación no castro / foto Abrir as Barreiras

O castro das Barreiras “é o expediente X da arqueoloxía castrexa”

O rexedor de Vimianzo, Manuel Antelo, fala sobre un dos grandes castros da Costa da Morte, o das Barreiras, que foi escavado recentemente. “Algúns o denominaron o expediente X da arqueoloxía castrexa”, asegura sobre este asentamento.

Así, sinala que en menos de vinte metros cadrados apareceron dúas casas e “non se descartan máis sorpresas”. Apareceron tamén moldes, pezas metálicas de ferro e bronce e moitísimos restos de cerámica. “Os expertos  din que este castro tivo un final violento porque aparecen restos de carbón ou cinsa,  restos dun incendio. Tamén din que este castro puido ter una vida moi curta,  100 ou 200 anos,  moito menos que outras construccións deste tipo”, engade

Nunha entrevista no xornal Galicia Confidencial, Antelo suliña que as institucións deben “implicarse” na conservación do patrimonio. Toda a entrevista aquí.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: