Pazo de Meirás / fonte Wikimedia loischantada CCBy

O Parlamento Europeo comeza a implicarse no caso de Meirás

O pazo de Meirás está cada día máis no centro da actualidade. Non en balde é un símbolo vivo da actual permanencia de algunhas estruturas herdeiras do Franquismo en Galicia e España. Se a pasada semana Izquierda Unida reclamaba formalmente ó rei Felipe VI a supresión do Ducado de Franco, solicitado recentemente por Carmen Martínez-Bordiú, e contrario á Lei da Memoria Histórica, esta semana un grupo de Europarlamentarios visitaban o pazo, cualificando a xornada de “día histórico”.

Foron Europarlamentarios de diferentes partidos políticos que representaron o Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo. Entre eles Jill Evans de Plaof Cymru, Gales, Izaskum Bilbao do Partido Nacionalista Vasco, Jordi Solé de Esquerra Republicana de Catalunya, Miguel Urban de Podemos e Ana Miranda do BNG. Todos deles cualificaron a situación do pazo galego de espolio, reclamaron unha vez máis que o pazo sexa “devolto ó pobo”, e que “é impensable que isto puidera ocorrer en Alemaña ou Italia”.

Pazo de Meirás, un ben privado que acabou nas mans de Franco grazas ás elites coruñesas / Youtube

Pazo de Meirás, un ben privado que acabou nas mans de Franco grazas ás elites coruñesas / Youtube

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: