fbpx
Detalle da exposición / foto HdG

Pode un xoguete do teu pasado ensinarche arqueoloxía?

Tempo de lectura: 2 min.

Os famosos “playmobiles” ou clicks déronnos moitas máis leccións das que cremos na nosa vida. Trasladáronnos ó oeste, á Idade Media, ó Exipto dos faraóns, ó cambio de século pasado… E non so nos ensinaron estas épocas senón que nos permitiron vivir dentro delas durante horas e horas na nosa imaxinación. Daquela podería ser que non exista mellor material didáctico que estes pequenos personaxes articulados de plástico. Pois abofé, porque iso foi o que pensaron no Museo de Pontevedra na pequena exposición Prehistoria cos clicks.

Detalle da exposición / foto HdG

A exposición que exhibe, dende o pasado 21 de febreiro ata o próximo 18 de xuño, un diorama no corredor do primeiro andar, recrea escenas de arqueoloxía. Escenas anto da vida no mundo da prehistoria coma a metodoloxía dos arqueólogos, que aparecen tamén traballando en diferentes substratos. A pequena exposición en si non é máis que unha maqueta de 3,85 por 1,22 metros pero cun especialmente rico material de didáctica. O diorama con máis dun cento de figuras complementadas con obxectos e reproducións da época así como con obxectos reais como osos ou burís, é un elemento perfecto para que os máis cativos se acheguen a aquel momento do noso pasado.

Detalle da exposición / foto HdG

Preténdese así que os máis novos poidan aprender dun xeito lúdico e próximo como era o mundo da prehistoria e como é profesión da arqueoloxía A partires de aí, os cativos verán o resto do museo con outros ollos. O diorama reflicte así diferentes escenas da vida humana prehistórica coma a caza, a vida nas covas, a pintura, o uso do lume e a convivencia con especies animais coetáneas… Mais tamén, ó longo dos meses que dura a exposición o museo fará diversos obradoiros de arqueoloxía paralelos cos cativos. Mais o diorama non é so para os eles senón que, a popularidade destes xoguetes na infancia de moitas e moitos de nós, é de seguro instrumento para que quenes nos acheguemos á exposición volvamos a imaxinar coma nenos un tempo que xa non existe.

Detalle da exposición / foto HdG

Pode que che interese...