Torre de Caldaloba /Foto Turismo de Galicia

Quen é o responsable da desaparición dun dos últimos símbolos da resistencia do Reino de Galicia

A torre de Caldaloba, en Cospeito, foi a última fortaleza en resistir ó asedio dos exércitos dos Reis Católicos en Galicia. Mais, despois de ter aguantado cinco séculos en pé despois deste episodio histórico, semella unha realidade irremediable que non durará moito máis. Aínda que moitos medios levamos advertindo deste feito dende vai tempo, semella que nin os propietarios nin as administracións queren farcerse cargo deste importante anaco da nosa historia que se localiza no corazón de Lugo.

Dúas semanas atrás dábamos conta da nova chamada de atención do Lugo Xornal sobre o crítico estado da fortaleza. Esta torre, que se atopa dende fai tempo na Lista Vermella do Patrimonio Cultural Galego en perigo inminente, atópase nun estado de extrema urxencia, con grandes fendas que a atravesan verticalmente, e a piques de virse abaixo. Agora este mesmo medio fai un repaso exhaustivo sobre o que din as leis de patrimonio sobre o Ben de Interese Cultural. Quen é o responsable do que sen dúbida é a crónica dun derrube anunciado?

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: