Clave do Cruceiro da catedral de Santiago / foto José Luiz CCBy Wikimedia

Retírase o “ollo da providencia” do cruceiro da catedral de Santiago

No cruceiro da catedral de Santiago, xusto enriba do sistema da poleas do botafumeiro hai unha gran clave que coroa o conxunto. Esa gran clave ata o de agora representaba o Deus Pai, un ollo no medio dun triángulo que representa a omnisciencia da deidade. É un símbolo que descende ás orixes do Cristianismo que á súa vez, posiblemente, o tomara de tradicións anteriores. Así, o Deus Pai, o ollo da providencia ou Deus omnisciente, nun dos puntos álxidos da catedral, coroaba todos os programas iconográficos das diferentes épocas.

Mais, o proceso de rehabilitación da catedral avanza e segue a dar sorpresas. E unha delas foi a recente descuberta de que este Deus Pai da clave non era máis que un plafón de madeira. Debaixo, como non podía ser doutro xeito, había unha fermosa clave gótica cunha rica decoración vexetal. Así, o plafón de madeira dataría de mediados ou finais do século XIX e escondería unha gran clave dunhas tres toneladas de peso. A nova foi dada a coñecer nos últimos días polo equipo de rehabilitación da catedral e recollida por El Correo Gallego.

Clave do Cruceiro da catedral de Santiago / foto José Luiz CCBy Wikimedia

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: