Un equipo de arqueólogos reconstrúe en detalle a batalla de Repil, unha das máis importantes da posguerra galega
En Historia de Galicia xa contamos en varias ocasións a historia de Repil, un lugar da Pobra do Brollón, na terra de Lemos. Alí tivo lugar en 1949 unha das batallas máis importantes da posguerra despois da Guerra Civil. Foi na Casa do Facha, onde se ocultaba toda unha partida de guerrilleiros que foi rodeada por centos de militares e gardas civís. Morreron sete persoas, cinco guerrilleiros e dous veciños que os axudaban. Logo deste terrible suceso a casa foi abandonada e esquecida. Pero Antonio Díaz Amaro, descendente dos propietarios, quixo que se recuperara a historia da batalla de Repil.
Foi el coa axuda da Asociación de Veciños María Castaña de Cereixa, o Concello da Pobra do Brollón e do arqueólogo Xurxo Ayán, quenes se atreveron a recuperar os feitos do que alí pasou case 70 anos atrás. Foi precisamente este arqueólogo quen se decidiu a poñer en marcha un proxecto pioneiro en Galicia: a escavación sistemática dun escenario bélico do Franquismo. Xunto co seu equipo e co apoio da Asociación e Concello desenvolveron un traballo minucioso e metódico ó longo de dúas campañas, unha no 2016 e outra neste 2018. Agora presentan as súas conclusións. “Puidemos recrear a batalla de Repil do 49 como se fora un capítulo de CSI”. Xornal de Lemos contactou con el e cóntanos en detalle como foi este episodio escuro da nosa historia.