Proxecto eólico de Mouriños / GC

22 elementos patrimoniais corren risco polo proxecto eólico de Fenosa na Costa da Morte

A Xunta de Galicia acaba de declarar o interese especial do proxecto eólico Pena Forcada –Catasol II que afecta aos municipios de Cabana, Laxe e Zas, a pesar de que Fenosa Wind recoñece un risco de afección para 22 elementos patrimoniais dos municipios afectados.

Na documentación remitida á asociación Petón do Lobo ao abeiro da solicitude presentada o pasado mes de febreiro, na que se pedía o acceso á memoria que contiña a especial incidencia e beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros, e que serviría de base para a declaración de interese especial do proxecto, non se xustificaron os requisitos esixibles pola lei para a súa declaración como tal.

Segundo esta entidade, Fenosa Wind tan só adica dúas liñas a xustificar o interés público ou a utilidade social do proxecto aludindo ás reunións do Consello da Xunta do 1 de outubro de 1997 e 5 de decembro de 2002 nas que se aprobaba o xa más que desfasado plan eólico de Galicia. O outro extremo que xustifica Fenosa é o ámbito supramunicipal do proxecto en dúas liñas e media, para referirse aos concellos afectados, isto é: Laxe, Cabana e Zas.

Proxecto eólico de Pena Forcada / QPC

“Polo tanto, a Xunta de Galicia incumpriu de cheo o parágrafo 2 da citada disposición adicional primeira referida aos proxectos declarados de interese especial, porque en ningún caso a memoria presentada pola empresa promotora abranguía os puntos nos que fai fincapé o citado parágrafo, isto é, a memoria na que se conteña a especial incidencia e beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros”, indica Petón do Lobo.

Memoria presentada

A eléctrica só presentou unha memoria referida ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, mais non referido aos puntos específicos que se require no parágrafo dous da Disposición adicional primeira da LEI 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia sobre afeccións patrimoniais. “Polo tanto, estas lagoas que deberan ser subsanadas pola empresa promotora e que non se fixo, invalidan a tramitación procedimental do proxecto industrial”, suliña esta entidade.

Por outra banda, o proxecto industrial eólico de Fenosa non valora o impacto da súa afección ao patrimonio cultural no turismo dos tres municipios da comarca de Bergantiños afectados (Laxe, Cabana e Zas), a pesares de que Laxe está recoñecido como municipio de interés turístico, pola propia Xunta de Galicia desde decembro de 2007. En ningún momento da memoria se analiza o impacto que a afección sobre o patrimonio vai a ter sobre o turismo e o sector servizos, aínda que se incide na base agrícola-gandeira da economía dos municipios.

Así entre o patrimonio cultural afectado, e para o que a propia promotora recoñece un risco de afección, aínda que non elevado, está:

MÁMOA DE CRUZ DO FURCO, a 397 metros do proxecto.

CRUZ DO FURCO, a 316 metros do proxecto.

CONXUNTO DA TORRE, a 370 metros do proxecto.

MONTE DO CASTRO/SARCES/TORRE XALLÓNS, a 158 metros do proxecto.

S-03. CRUCEIRO 42.032 COENS, a 330 metros do proxecto

CRUZ DA MINGACHA, a 220 metros do proxecto.

TRAS DO FOXO/GÁNDARA MOURA, a 100 metros do proxecto.

MORIÑANA, a 97 metros do proxecto.

CASTRELO, a 230 metros do proxecto.

CASTELO, a 386 metros do proxecto.

COTÓN DO MARCO/CASTELO MURIÑO, a 545 metros do proxecto.

COTÓN DO MARCO, a 515 metros do proxecto.

CASTELO GRANDE DO ALLO, 824 metros do proxecto.

CASTRO DE PIÑEIRO, a 495 metros do proxecto.

BIC TORRES DO ALLO, a 399 metros do proxecto.

MUÍÑO DO REGO SOESTO, a 111 metros do proxecto.

CHOZO DAS AREOSAS, a 15 metros do proxecto.

VAGONETAS DA MINA DE COÉNS, a 61 metros do proxecto

MUÍÑO DO REGO GUNDAR, a 52 metros do proxecto.

MÁMOA DO ALTO DO PEDROSO, a 174 metros do proxecto.

MÁMOA DE TRAS DA SENRA, a 196 metros do proxecto.

MUÍÑO DO REGO FORNELOS, a 18 metros do proxecto.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: