Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago / porticodagloria.com

A inminente inauguración das obras do Pórtico da Gloria convértese en protagonista nos medios estatais

RTVE, Antena 3, La Sexta… numerosos medios galegos e estatais fixéronse eco no día de hoxe da nova que algúns recollíamos xa onte, a inminente inauguración das obras de restauración do Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. A nova, dada como o gran acontecemento cultural do día de hoxe, abría a sección de cultura na práctica totalidade dos noticiarios do día. E é que será o vindeiro luns día 2 cando a Fundación Barrié e máis a Fundación Catedral de Santiago inauguren oficialmente unhas obras que se prolongaron por máis dunha década. Na nova, destacábase, ademais, a recuperación das policromías que a maxistral obra do século XIII aínda conserva.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: