fbpx
Dixitalización dunha das pezas do Mestre Mateo / Catedral de Santiago
Dixitalización dunha das pezas do Mestre Mateo / Catedral de Santiago

A loita xudicial de Santiago contra os Franco polas esculturas do Mestre Mateo arrinca en outubro

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello daralle a batalla ós Franco polas esculturas de Abraham e Isaac do Mestre Mateo. As dúas esculturas do sensacional mestre do Pórtico da Gloria foron, segundo o consistorio, usurpadas na ditadura pola familia Franco. O Concello ten documentos que o acreditan e dende a institución local están dispostos a pelexar por recuperalas. Así, despois da demanda presentada no mes de novembro e admitida, será no mes de outubro cando comece o xuízo coa vista preliminar, primeiro paso para a apertura deste.

E é que as pezas, tal e como vimos informando no noso xornal, foron adquiridas no ano 1948 pola corporación municipal ó conde de Ximonde por un importe de 6.000 pesetas para o patrimonio municipal. A venta, feita ante o notario Gonzalo Rey Feijóo, na cidade, naquel ano, contemplaba unha alta indemnización ó anterior propietario se as esculturas chegaran a non formar parte do patrimonio municipal. Mais a familia Franco fíxose con elas e nunca as volveron ás mans do concello. A nova recolle no día de hoxe El Correo Gallego.

Duas pezas pertencentes ao Mestre Mateo que son propiedade da familia Franco

Pode que che interese...