tado actual do muíño / foto HdG

Así é o muíño de vento que a Deputación rehabilitará en Laxe

Tal e como publicábamos onte o muíño de vento de Laxe será rehabilitado. O muíño de Laxe, segundo se recorda na vila, foi construído por Manuel Ramos Mesías en 1924 e estaría en funcionamento tan so ata o ano de 1936. Era Manuel un carpinteiro de ribeira que tiña unha especial maña para o traballo da madeira. Dado que na vila de Laxe, situada nunha península, case non tiña cursos de auga importantes e os muíños atopábanse na veciña vila de Serantes, Manuel ideou sen planos e sen a axuda de enxeñeiros un singular muíño de vento que non respondía as tipoloxías tradicionais doutras xeografías. Era un pequeno muíño de base circular e vans en cada un dos catro puntos cardinais cun mecanismo de madeira que transmitía a acción do vento á pedra de moer.

O muíño catalogado como ben patrimonial no PXOM de Laxe contaba cun sistema de moído peculiar. Aspas triangulares de pano sobre unha cuberta orixinal de cinc xiratoria, con rodas e cataventos no extremo superior, que permitían recoller a dirección do vento e transmitir ó movemento a un mesado de madeira que facía xirara á moa. Dende aí, como en calquera outro muíño, artesa e pedras facían o restante traballo. O muíño tiña ademais un anexo para pousar e amoreirar os sacos de fariña e de gran.

Mais despois de anos de ruína e esquecemento no alto da vila, semella que agora finalmente será recuperado. Pois será a Deputación da Coruña a que tome a iniciativa de rehabilitar esta importante obra de enxeñería popular da vila de Laxe coa recuperación tanto do edificio como da reprodución do antigo mecanismo. Confirmouno onte o presidente da Deputación, Velentín González, durante unha reunión co alcalde da vila José Manuel Mouzo. O obxectivo é que a vila recupere un dos seus máis singulares símbolos patrimoniais. A institución supramunicipal investirá 120.000 euros.

Muíño de Santa Rosa / laxe.net

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: