Así foi a feira do Dezaoito que Cuntis recuperou na vella carballeira de Troiáns

“Segundo a Carta Geométrica de Domingo Fontán publicada en 1845, nas proximidades do lugar de San Ildefonso existía unha feira denominada como San Isidro no lugar de Troiáns na que ´hai tamén unha ermida adicada ó santo San Ildefonso, nunha fermosa chaira contigua a unha devesa, onde se celebra feira o 18 de cada mes, cuxo tráfico consiste en gandos, comestibles e utensilios de labranza´. Era San Isidro o patrón dos labregos, porén, sería moito máis coñecida como a Feira do Dezaoito nome que na actualidade se identifica á carballeira na que re realizaba esta práctica e que, como antano, formou parte das propiedades do igrexario de Troáns”. No ano 2009 o Concello de Cuntis recuperou esta feira centenaria.En HdG nos achegamos e a recollemos nesta pequena galería.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: