Fiuncho / foto KRiemerCC0

Así nos contan as herbas de San Xoán a importancia desta noite

O San Xoán é unha das festas por excelencia de Galicia. Entróncanos coas nosas orixes máis remotas, con tradicións pagás que dormen na noite dos tempos, e achéganos ó lado máis místico da celebración do solsticio. Aínda que bispos e santos como San Martiño de Dumio na Alta Idade Media o intentaron, o Cristianismo non puido coas celebracións pagás do día de San Xoán, o día máis longo do ano. O lume, os derradeiros e os primeiros raios do sol, a auga, as sete fontes, saltar as cacharelas, bañarse nas ondas, ou recoller o ramo de San Xoán, son tradicións precristiás que teñen un obxectivo apotropaico, protector contra os malos espíritos.

Dentro deste día as herbas de San Xoán son unha das tradicións máis singulares conservadas no noso territorio e que denotan unha relación moi determinada da cultura tradicional coa vexetación do noso territorio. Son un grupo moi determinado de plantas que dende tempos inmemoriais se empregaron esta noite como elemento protector e para evitar o meigallo. “A tradición di que hai que collelas con tino, metelas en auga de sete fontes e deixalas ao orballo. Á mañá seguinte cómpre lavar ben a cara con esa auga recendente e deixala secar ao aire”. O xornal Galicia Confidencial fai un repaso profundo sobre a importancia desta noite, contada a través das herbas de San Xoán.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: