Fondo dunha ría / foto PublicDomainPicturesCC0

Está a mudar o Antropoceno ás rías galegas?

O último período climático da historia do planeta, aceptado internacionalmente por organismos como a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas, é o chamado Antropoceno. Esta era climática que sucedeu ó Holoceno desenvólvese dende a Revolución Industrial e está caracterizado pola mudanza real no clima e na xeoloxía gracias á pegada do ser humano sobre o planeta. O Antropoceno foi definido ademais pola Comisión Internacional de Estratigrafía, a través dun artigo publicado na revista Science no 2016, como unha era xeolóxica na que o ser humano convértese nun factor ambiental clave ó deixar a súa pegada nos sedimentos de todos os recunchos do planeta.

Mais, como afecta o Antropoceno a Galicia? A pegada do ser humano sobre o territorio xeolóxico galego xa é medible e está demostrado. Pois recentemente o Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través do Instituto de Investigacións Marinas (IIM), demostrou mediante un estudo as pegadas xeolóxicas desta nova era na nosa comunidade. A investigación desenvolveuse a partires do análise dos sedimentos de tres rías galegas, a de Ares, a de Betanzos e a de Cedeira. Os resultados, que se están a presentar a revistas científicas do JCI como Estuarine, Coastal and Shelf Science, demostran que nos tres casos a pegada xeolóxica dos sedimentos nas nosas rías mudan radicalmente dende mediados del século XX.

Ribeira dunha ría / foto Pexels CC0

Encoros, tráfico e cambio nos usos da terra

O estudo que se levou adiante coa colaboración das universidades de Vigo, Porto e o IPMA, tiña como fin avaliar os fluxos naturais e antropoxénicos de metais en sedimentos esteirinos das rías de Ares, Betanzos e Cedeira. O estudo revelou que os primeiros sinais do Antropoceno en sedimentos de rías de Galicia datan de mediados do século XX. Proceden, entre outros factores, da construción de encoros, pontes e estradas. Tamén do aumento do tráfico de vehículos a motor e a cambios en nos usos de cultivo das terras.

Neste contexto o grupo do CSIC deseñou un estudo pioneiro para coñecer como estaba o tema nas rías galegas, coa fin de avaliarse os sinais da pegada do Antropoceno presentes en sedimentos galegos e dende cando. A metodoloxía foi a recollida de mostras de sedimentos en zonas con baixas poboacións e baixos niveis de industrialización e o posterior análise nos laboratorios do IIM de Vigo. É por isto que as zonas escollidas foron as rías de Betanzos, Ares e Cedeira, por ser estas tres zonas de Galicia as que mellor cumprían os requisitos ó non verse os fondos tan alterados como outros.

Area dunha ría / foto Engin_AkyurtCC0

“As zonas internas das rías, onde a influencia fluvial é maior, son idóneas para
buscar a traza antropoxénica e dispor así dun rexistro histórico do que aconteceu durante o último século. Poderíase dicir que os sedimentos teñen memoria, sempre que non foran removidos, polo impacto humano no entorno”, en palabras de Ricardo Prego, investigador do proxecto. “A partir de mediados do século XX moitos fondos mariños en todo o planeta víronse afectados polo aumento de poboación e de industria”.

En concreto na ría de Ares o principal impacto antropoxénico xurde coa construción dos encoros do río Eume, xa que tan so as partículas pequenas chegan ó mar, mais o fluxo de metais duplícase. Na ría de Betanzos a construción da ponte do Pedrido, o aumento do trafico rodado e a urbanización fan que o nivel de sedimentación se cuadriplique. A ría de Cedeira, a de menor impacto urbano, mostra porén tamén unha importante mudanza, unha a transición dunha conca agrícola a conca madeireira, coa maior chegada de materia orgánica á ría. Así, nos tres casos confirmouse que o Antropoceno ten tamén o seu reflexo en Galicia dende mediados do século XX no sedimento das nosas rías.

Unha das nosas rías / foto GonbianaCC0

Referencias publicadas do estudo:

Álvarez-Vázquez, M. Á., Caetano, M., Álvarez-Iglesias, P., Del Canto Pedrosa-García, M., Calvo, S., De Uña-Álvarez, De Uña-Álvarez, E., Quntana, B., Vale, C., & Prego, R. (2017). Natural and Anthropocene fluxes of trace elements in estuarine sediments of Galician Rias. Estuarine, Coastal and Shelf Science, 198, 329-342.
*The Anthropocene is funtionally and stratigrafically distint from the Holocene. C.N. Waters et al. (2016). Science, 351 (6269): 2622-2629.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: