Pórtico da Gloria antes da restauración / foto OpinadorCCBy Wikimedia

O Pórtico da Gloria inaugurarase o vindeiro luns

A Fundación Barrié a Fundación Catedral por fin o anunciaron. Será o vindeiro luns día 2 de xullo cando por fin se inauguren as obras de restauración do Pórtico da Gloria, a chamada Capela Sixtina do románico. Na inauguración, que será as 11 da mañá, estará presente a raíña Sofía, e prevese que tamén a participación dalgún representante do goberno de Pedro Sánchez. Así a gran obra do Mestre Mateo volverá ver a luz despois de case unha década cuberta por estadas, e segundo afirman dende a institución o resultado será impactante.

E é que obra de restauración do Pórtico da Gloria iniciouse no ano 2008 despois de que a Fundación Barrié, pertencente ó antigo Banco Pastor, aprobase o financiamento dunha das obras máis complexas de Galicia. As obras estiveron enfocadas non so a restauración senón tamén a eliminación das humidades e das filtracións de auga dende as cubertas. A restauración do Pórtico é unha das obras de restauración máis importantes de España e na actualidade colaboran na obra a Fundación Barrié a Fundación Catedral, o Instituto do Patrimonio Cultural de España e a Xunta de Galicia. A importante nova recolleuna El Correo Gallego.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 28 Xuño 2018

    […] 3, La Sexta… numerosos medios galegos e estatais fixéronse eco no día de hoxe da nova que algúns medios recollíamos xa onte, a inminente inauguración das obras de restauración do Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. A […]

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: