fbpx
Sede do Parlamento de Galicia / foto parlamentodegalicia.es

Queres coñecer o Parlamento de Galicia?

Tempo de lectura: 2 min.

O Parlamento de Galicia é o órgano de representación de toda a cidadanía galega e a institución a que reside o poder lexislativo. Foi un órgano creado a partir da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1981 e que está formado no momento actual por 75 deputados das catro provincias galegas. Entre as súas funcións esta exercer a potestade lexislativa de Galicia, escoller o Presidente da Xunta de Galicia e controlar a acción executiva do goberno galego, designar os representantes galegos no Senado, solicitar ó goberno español e ó Congreso de España a adopción de proxectos e proposicións de lei, entre moitas outras. É un órgano inviolable do que derivan todas e cada unha das institucións autonómicas galegas.

Mais fisicamente a institución atópase localizado no Hórreo, en Santiago de Compostela, nun dos edificios máis importantes da cidade fora do Casco Histórico. O edificio eclectico, do primeiro cuarto do século XX, foi a primeira Facultade de Veterinaria de Galicia, e se conseguiu construír gracias ós fondos derivados polo político galego Montero Ríos no seu momento de goberno en Madrid, xunto con outros como a Facultade de Medicina ou o Colexio de Xordos e Cegos, actual sede da Xunta en San Caetano. Co golpe de estado do ditador José Antonio Primo de Rivera converteríase no cuartel da cidade seguindo con esta función ata que coa aprobación do Estatuto e despois de ter sede no pazo de Xelmírez e despois de Fonseca o xa formado executivo galego decidiu construír no ano 1987 un novo parlamento nesta ubicación. Andrés Reboredo Santos foi o arquitecto encargado de conxugar vella e nova arquitectura.

Pois o Parlamento de Galicia inaugurou no día de onte o programa Luns de Portas Abertas. Nel a institución tratará de darse a coñecer a todas aquelas persoas interesadas non so en coñecer a cámara por excelencia de Galicia e o seu funcionamento, senón tamén o seu edificio e as súas importantes coleccións de arte. A partires do día de onte e ata o fin do curso político, calquera persoa interesada e sen cita previa poderá visitar a sede da soberanía popular galega. Neste luns, como primeira xornada do programa, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e representantes de todos os grupos parlamentarios acolleron en persoa ós primeiros visitantes.

Parlamento, interior obra do arquitecto Andrés Reboredo Santos

Pode que che interese...