fbpx
Unha plantación de eucaliptos / foto 139904CC0

Unha nova ameaza para o patrimonio galego? as máquinas trituradoras de pedra

Tempo de lectura: < 1 min.

Un dos maiores problemas que ten na actualidade o patrimonio galego son as talas forestais masivas. De feito éo a descordinación entre diferentes departamentos da administración autonómica e coa local, e a falta dun control real do patrimonio cultural nas talas, máis que estas en si. O certo é que as talas masivas, é dicir, aquelas que cortan ó mesmo tempo todas as árbores dunha leira, con independencia da idade ou da especie, están a provocar, como habitualmente contamos no noso xornal, importantes problemas con elementos patrimoniais como petroglifos, castros ou mámoas, entre moitos outros.

Pois aínda que non é algo novo, a este perigo estáselle a sumar nova maquinaria que pode causar un verdadeiro, e esta vez irrecuperable, dano ó noso patrimonio, sobre todo a aquel que aínda a día de hoxe non aparece inventariado. E é que unha das últimas modas no campo de maquinaria forestal relacionada coas talas masivas son as trituradoras forestais. Son esta unha maquinaria que, enganchada a un tractor, pode triturar todos aqueles restos forestais que permanezan no terreo despois da tala, podendo ir incluso máis lonxe triturando nalgúns casos pedra.

Varios son os modelos de trituradoras que se comercializan en Galicia. Algunhas como as que a empresa Seppi presentou a semana pasada contan con motores de entre 180 e 260 cabalos e poden moer madeira de ata 40 cm de grosor, e pedra de ata 30, así como fresar a unha profundidade de 40 cm, como recollían nos pasados días algunhas publicacións especializadas. Se ben en Galicia estas xa se empregan dende fai tempo, e que a maioría dos modelos so serven para moer madeira, o certo é que co progresivo aumento das talas masivas o interese neste tipo de maquinaria non para de medrar.



Pode que che interese...