Detalle do cartel de Sputnick, anunciando o inicio das escavacións

A Cidade da Selva un dos máis importantes campamentos da guerrilla antifranquista será escavado

A Cidade da Selva é o nome co que os propios guerrilleiros que vivían no lugar bautizaron a un grupo de campamentos no entorno dos montes de Casaio, no concello de Carballeira de Valdeorras. O campamento foi un dos centros de actuación máis importantes da Federación de Guerrillas de León-Galiciae un dos máis relevantes do noroeste peninsular. Como tantos outros foi creado na década de 1940 polos fuxidos do réxime que crían aínda na posibilidade de combatelo dun xeito armado agochados dende os montes.

Agora, case 80 anos despois, un grupo de investigadores escavará por fin unha parte deste importante campamento. O obxectivo é  “aportar información que poda arroxar luz sobre un período moi conflitivo e traumático da nosa historia recente. Tamén pretendemos recuperar una memoria e historias que cremos esquecidas, que axuden a resaltar os valores democráticos e a dignidade dos protagonistas destas historias e das súas familias”, tal e como comentaban Carlos Tejerizo García (Incipit, CSIC) e Alejandro Rodríguez Gutiérrez (Universidade de Santiago de Compostela), directores do proxecto.

E é que esta campaña arqueolóxica, dirixida por ambos, estará autorizada e financiada pola Xunta de Galicia, o Instituto de Ciencias do Patrimonio e a Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira, e englóbase dentro do proxecto Sputnik Labrego . Así, o vindeiro sábado 21 darán comezo as escavacións arqueolóxicas que terán como obxectivo recuperar e estudar os restos dos campamentos da guerrilla antifranquista. Concretamente, os traballos arqueolóxicos centraranse en dous destes campamentos, un deles dentro do coñecido Teixadal, un importante bosque de teixos centenarios incluído na Rede Natura 2000.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: