Picasso detalle dunha das súas pinturas / foto manolofrancoCC0

A exposición sobre a etapa coruñesa de Picasso de Shanghai vende 75.000 entradas un mes antes de ser inaugurada

Tal e como contamos este luns no noso xornal, o próximo 3 de agosto e até o 31 de outubro, ata 20 millóns de chinos residentes na cidade de Shanghai en china poderán gozar dunha mostra sobre a etapa de formación na cidade da Coruña de Pablo Picasso. O artista, que estaría na localidade entre 1891 e 1895, mentres o seu pai foi docente no Instituto Eusebio da Guarda, tería unha das súas máis transcendentes etapas de formación na nosa cidade, sendo nela, na propia rúa Real, onde ós 13 anos faría a súa primeira exposición.

É por isto que o Concello da Coruña xunto coa Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, o Museo Buitrago de Madrid, as Fundacións Abelló e Palau, o Centre d´Horta, entre outros, organizará unha exposición comisariada pola doutora da Universidade de Barcelona Hsu Fen Lan. A mostra, tal e como explicou Francisco Muíños, un dos organizadores da exposición e membro da empresa xestora da Casa Museo de Pablo Picasso da cidade, está a causar xa unha enorme expectaci’on na urbe chinesa. Pois a comezos de xullo, e a un mes da inuaguraci’on, a mostra xa leva vendidas 75.000 entradas, e as previsi’ons son que se chegue ata preto dun mill’on de visitantes.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: