fbpx
Feira das Marabillas da Coruña / foto Concello da Coruña

A Feira das Marabillas da Coruña, co mellor do sector da animación, teatro, música, arqueoloxía e sen animais vivos

Tempo de lectura: 2 min.

A Feira das Marabillas da Coruña, a festa histórica medieval da cidade, consolídase como unha das máis importantes do país. Nacida no ano 1994 como unha feira medieval dun día, durará este ano prolóngase xa de martes a domingo aproveitando o especial tirón do Día de Galicia e do derradeiro fin de semana do mes de xullo. A Feira das Marabillas da Coruña faise todos os anos na Cidade Alta ou Vella aproveitando o marco do núcleo máis antigo da cidade. E é que este ano traballarán na feira máis de 300 persoas en máis de 200 postos de artesanía e gastronomía, nunha das festas que é tamén unha das máis concorridas de Galicia.

Mais o que máis chama a atención da festa é o teatro de rúa e a animación. É esta unha das grandes apostas da Concellería de Culturas para relanzar a festa, pois dos 160.000 euros de orzamento a animación lévase 70.000 e, segundo se di no sector, estes días actuarán por entre as rúas e entre os postos os mellores profesionais do sector, con con recreacións, espectáculos de teatro, acróbatas ou malabaristas. Mais non é o único atractivo, pois ó consolidarse como unha das festas máis interesantes, destaca a calidade e cantidade de postos de artesanía e comidas, así como outras curiosidades como un posto de auga do río Jordán.

Mais, iso si, a feira ten unha particularidade con respecto a outras festas históricas galegas, xa que, neste caso, non haberá os tradicionais espectáculos de cetrería nin outros con animais vivos. E é que, seguindo a ordenanza municipal que o prohibe na cidade, non se poden facer este tipo de exhibicións. Si haberá outras actividades como xogos infantís, talleres, marionetas e outras actividades. Nesta edición destacará sobre todo o Encontro de Música Medieval o sábado 28 na igrexia de Santiago e a representación de Concejos abertos, así como a exposición arqueolóxica titulada Voando ao pasado, que se poderá visitar en el Arquivo do Reino de Galicia.

Pode que che interese...