Foto histórica de manobras militares aéreas / foto CarlosEduCC0

A historia do U966, o submarino nazi afundido polos Aliados preto de Estaca de Bares

O 10 de novembro de 1943 o Sunderland, un avión de guerra aliado da armada británica enfrontábase sobre as costas de Mañón moi preto de Estaca de Bares a un submarino nazi, o U966 Gut Holz. Ambos saíron mal parados dese enfrontamento, pois unha peza da fuselaxe daquel avión hoxe forma parte do teito dun galiñeiro de Cedeira. É o que descubriron Anxo González Roca, Eduardo Losada e Yago Abilleira, tres mergulladores, un deles historiador naval, mentres buscaban o U966 nas costas setentrionais de Galicia.

Naquela batalla, de case dous días, interviron unha decena de avións aliados, británicos e americanos. Na batalla as forzas aéreas aliadas conseguiron inutilizar o submarino, mentres o Sunderland británico da Royal Air Force, acabou tamén derribado sobre augas galegas. O avión partiuse en dous e parte dos seus restos chegaron como matutes á costa de Cedeira. O submarino pola súa banda foi bombardeado e inutilizado polos avións, posteriormente voado polos propios nazis e desguazado por unha empresa española. Mais aínda quedan moitos restos do U966 que os mergulladores atoparon finalmente nas últimas semanas preto de Estaca de Bares.

O o U966 Gut Holz era un submarino con capacidade para 50 tripulantes inaugurado tan so oito meses atrás nos estaleiros de Blohm & Voss de Hamburgo e afundido a 500 metros de Punta Maeda. Naquela batalla morreron un total de 14 soldados dos dous bandos, dunha idade especialmente moza. O resto dos trepulantes do submarino foron rescatados polos habitantes do lugar. O seu comandante Ekkehard Wolf seguiu visitando Galicia durante moito tempo, chegando un dos seus fillos a casar cunha moza do lugar. A historia, as imaxes do submarino do submarino tiradas polos mergulladores, así como a nova do descubrimento pódense ver nun  interesante artigo do xornal El País

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: